Pedre. Concello de Cerdedo-Cotobade. Camiño de Taverneiro.

Como vos dicía o outro día cando vos describía a miña quinta etapa deste camiño, Pedre é unha aldea ben merecedora dunha publicación propia.
As súas construcións antigas, aínda que moitas delas sen vida hoxe en día, exemplifican á perfección a arquitectura tradicional galega. Tamén conta cunha das eiras de canastros máis importantes de toda Galicia, formada por pezas nas que se combina a pedra e a madeira, e que dá para ver a importancia que tivo o cereal nesta zona.
Á entrada do pobo podemos ver un impresionante peto de ánimas, obra de Manuel Pedre e datado de 1875. Non menos impresionante, a Igrexa e cemiterio de Santo Estevo, na que vos animo a buscar o seu reloxo de sol e á que rodean numerosos cruceiros e cruces. E para a miña seguinte etapa deste camiño de Santiago, coñecerei a súa ponte e calzada romana!
Dicídeme se non ten potencial máis que suficiente para ter o seu momento de protagonismo! 🥰
Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *