Penacova. Portugal.

Ubicado no centro de Portugal, este lugar ten mooooito que ofrecer. Entre as súas xoias conta co mosteiro de Lorvão, cunhas orixes que posiblemente se remonten ao século VI. Tamén cun dos maiores núcleos de muíños do país, tanto de vento coma de auga. E no que se refire a áreas naturais tampouco é menos a cousa. Curiosas formacións rochosas coma a Livraria do Mondego, esculpida polo río Mondego durante máis de 400 millóns de anos, ou praias fluviais coma a do Reconquinho, formada polas augas deste mesmo río.
O mosteiro pódese visitar de forma guiada cun custo de 4,50€ e alberga no seu interior unha zona adicada a museo. Os núcleos de muíños de vento máis relevantes son os da Atalhada, con algúns perfectamente restaurados e empregados como aloxamentos turísticos, os de Gavinhos e os da Portela de Oliveira. Se queredes saber máis sobre a súa historia e funcionamento, recoméndovos a visita ao Museu do Moinho Vitorino Nemésio, cun custo de 2 euros. Sobra dicir que as panorámicas que nos deixan estes núcleos son realmente impresionantes!
Espero que vos guste! 🤗
*por certo, presenciei os mellores informativos da miña vida por un cativo do máis simpático!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *