Penedos da Picaraña- Castelo de Sobroso- Castro de Troña

Este roteiro duns 21 km parte do Convento Franciscano de San Diego de Canedo e decorre por camiños fáciles de andar aínda que insuficientemente sinalizados.
Durante o percurso visitaremos o Castro de Troña e a capela do século XVIII que alí se atopa, o castelo de Sobroso e os diferentes penedos do Monte da Picaraña entre os que me chamou especialmente a atención a Pena do Equilibrio.
A todos estes puntos pódese chegar directamente en coche en caso de non querer ou poder camiñar. É un roteiro bastante aberto co cal non o recomendo en días calurosos.
Ollo non empurrar moito a pena do equilibrio cando vaiades! 💪🤣😜😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *