Hoxe voume saír do camiño do Monxe para recomendarvos estes dous lugares, moi próximos entre eles, e que a min me encantan. En canto ao peto de ánimas ubicado á dereita da capeliña de Eiradela, está datado de 1887 e, según aló reza, foi feito polo pobo, cousa non moi común. Coroado cun cruceiro cun Cristo e dous pináculos cando menos chamativos. No da esquerda aparece a figura dun home axeonllado rezándolle ao Santo Cristo e no da dereita, unha especie de guerreiro sostendo un maravilloso reloxo de sol. O retablo é de pedra policromada, con San Antón no centro, dúas cabezas de anxo nas esquinas superiores e nove almiñas na parte inferior.
Se continuamos á man esquerda da capela (é posible ir en coche un anaquiño), un treito máis adiante iremos dar co mirador do péndulo, que recibe o seu nome do enorme penedo en equilibrio que veremos á esquerda dunha porta cunha inscrición na que di “No hay llave a la felicidad, la puerta siempre está abierta”. Recoméndovos tomar asento e desfrutar da fermosa panorámica que dende aquí temos do río Miño e da ampla extensión de terreo que se pode ver. Un pouquiño máis adiante está a trona dos pensamentos, por se preferides un asento coma é debido! 
Espero que vos guste! 

