Esta pintoresca aldea forma parte do territorio do Parque Nacional Peneda- Gêres, sendo o punto final da etapa 18 e o punto de partida da etapa 19 da GR 50, grande ruta que atravesa estas terras.
Cos seus máis de 1100 metros de altitude e encaramada entre a Meseta de Mourela e os relevos do Gerês, constitúe o pobo máis alto do Barroso e un dos máis altos de todo o país veciño. Pese a diminución progresiva no seu número de habitantes, continúa a ser unha aldea acolledora, ben preservada, que mantén as súas tradicións e na que o gando e a agricultura dan vida aos seus campos.
A súa beleza paisaxística é máis que evidente, miremos cara onde miremos. A propia aldea en sí mesma xa é unha xoia, pero seguindo os sendeiros que parten desta, podemos descubrir outros encantos como a Capela de Sao João da Fraga, de orixe descoñecida, á que se chega a través dun roteiro igual de fermoso ca de empinado!
Tamén as ruínas do Mosteiro de Santa Maria das Júnias, fundado a finais do século IX por trece monxes. A impresionante fervenza á que se accede por medio de unhas pasarelas de madeira, con caídas de auga a diferentes niveis e que remata nun fermoso lago.
E non menos importante, a aldea vella de Juriz, a uns 1300 metros ao suroeste de Pitões das Júnias, que según os arqueólogos pode tratarse da aldea medieval de Sancti Vicencii de Gerez, abandonada dende o século XV e da que hoxe en día só restan ruínas enmarcadas nunha exuberante vexetación. Descoñécese a causa, pero probablemente se deba a algunha peste que asolou o lugar e Pitoes das Júnias sexa a herdeira natural ou sustituta desta antiga aldea.
Encantaravos! 

















