Polas beiras do río Miño na cidade de Ourense. Galicia.

Hoxe achégovos un roteiro circular de 13 quilómetros escasos, sen ningún tipo de dificultade e que vos permitirá descubrir varios dos encantos da cidade de Ourense.
Para comezar, unha ponte romana considerada unha das maiores obras da arquitectura vial de todo o imperio romano, cun arco central cunha luz de aproximadamente 38 metros 😱. Diferentes termas, coma as do tinteiro, as da Chavasqueira ou as de Outariz, con propiedades beneficiosas para a saúde. Numerosos pontes de diferentes épocas e estilos do máis variopintos. E todo da man das caudalosas augas do río Miño.
Ao longo do percorrido hai varias zonas onde poder sentarse a repoñer forzas, e tamén existe a posibilidade de reducir a distancia atravesando por calquera unha das súas pontes. Á altura de Outariz hai un amplo aparcamento onde podedes deixar o coche. Non esquezades o traxe de baño! Espero que o desfrutedes! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *