Polas curiosidades do camiño da Geira e dos Arrieiros. De Braga a Santiago de Compostela. Braga.

Con total seguridade que moitos de vós xa coñeceredes estes datos, pero tanto se estades ao tanto coma se non, convidados quedades a acompañarme no meu “paseo” polas curiosidades deste camiño.
Comecemos polo principio, Braga. Esta cidade fundada polos romanos no ano 16 a.C. e bautizada coma Bracara Augusta, foi capital da provincia romana de Gallaecia, que incluía tamén o territorio da actual Galicia.
É a cidade máis antiga de Portugal e conta coa catedral máis antiga de Portugal, erixida no século XI, varias décadas antes da propia fundación do país. É un dos mellores exemplos de arte románica aínda que destaca pola súa fusión con elementos góticos e barrocos especialmente. E… rivalizou en poder coa catedral de Santiago de Compostela 🤫.
No seguinte capítulo… a igrexa de São Jerónimo de Real e capela de São Frutuoso! Permanecede atentos! 🧐

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *