Polas curiosidades do camiño da Geira e dos Arrieiros. De Braga a Santiago de Compostela. Entre mutatios e mansións romanas.

Será na terceira etapa, de Campo do Gerês a Lobios, na que pasaremos pola Mutatio de As Mouruás e tamén pola Mansión Romana de Aquis Ogeresibus. A diferencia entre unha e outra? A primeira estaba pensada para breves paradas, matar a fame ou facer o relevo de cabalgaduras.
As mutatios acostumaban ubicarse en puntos estratéxicos ou especialmente dificultosos e formaban parte do servizo postal do Imperio Romano. No caso da Mansión Aquis Ogeresibus, tamén coñecida coma Aquis Originis, esta sí que era lugar de descanso, aloxamento e abastecemento pensada para máis longa estancia. E é que claro, tiñan ata espazo termal propio. A ver quen se quere ir así! 🤪
Déixovos alén das fotos dos restos de ámbalas dúas, algunhas da etapa 3 para ver se consigo que vos poñades patas ao camiño!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *