Se cadra, esta xoia foi a que máis me sorprendeu da primeira etapa do camiño. Aínda que se descoñece a data da súa fundación, estímase que xa é anterior ao ano 1090 , convertíndose nun dos principais centros benedictinos de Portugal entre os séculos XII e XIV, e entrando despois en decadencia.
Foi restaurado no 1551 e contou cunha completa remodelación da igrexa por volta de comezos do século XVIII. Tamén se reconstruíron o claustro e a zona de dormitorio, que contaba con dez celdas para os monxes e unha para o abade. A biblioteca foi feita entre 1716 e 1719.
Despois de 1834, o mosteiro e os terreos pertencentes ao recinto monástico (reconvertidos en explotación vinícola) foron vendidos a particulares, sendo víctimas en 1877 dun grande lume que destruíu case por completo o edificio.
Queda hoxe para desfrute do público a súa igrexa, que se converteu en parroquia, e na que aínda se misa, e tamén os restos do mosteiro que aínda son visitables. Este patrimonio foi clasificado como Ben de Interese Público no 1943.

