Estas columnas graníticas xeralmente cilíndricas, eran colocadas ao carón da calzada para sinalar a distancia de mil pasos. Adoitan contar con inscricións que fan referencia ao emperador que tiña o poder no momento de construír ou modificar a calzada, parte das cales aínda podemos apreciar hoxe en día. Este feito fixo que, co paso do tempo, perderan parte da súa funcionalidade indicativa converténdose máis nun medio de propaganda política.
Este vial é o que conserva un maior número de miliarios de todo o imperio romano, así que estades de sorte! Acompañarannos durante as etapas dous e tres algúns dos pertencentes ás millas dende a XIV ata a XXXV e XXXVI. Outros que tamén formaban parte deste tramo están desaparecidos ou foron trasladados e expostos en museos. Anímovos a que tentedes descubrir a que emperador fan referencia!

