A través dunhas pasarelas de madeira, moi moi esvaradías en días de choiva, accedemos a esta ponte colgante duns 30 metros de lonxitude e 15 metros de altura que atravesa o río Lérez. Se están molladas recoméndovos ir seguindo as mesmas pero pola parte de terra.
A unha man da ponte temos un fermoso muíño con cuberta de pedra e a outra man, a uns 500 metros, a praia fluvial de Calvelo tamén coñecida como praia do canal.
Para chegar á ponte colgante podemos facelo dende a N-541 que une Pontevedra e Ourense. Está sinalizado o desvío e atópase moi próximo a esta estrada. Se vos coincide de pasar non dubidedes en facer unha paradiña 
.






