Voltando ao río Tea, hoxe comezamos coa fermosa Ponte das Partidas, que cruza as súas augas ao longo do noso percorrido e que conta cunha orixe romana e un nome cando menos curioso. Recoméndovos atravesala e deleitarvos coa súa imaxe dende a praia fluvial da outra beira. E se fai bo tempo aproveitar para refrescarvos e repoñer forzas.
Xa abandonando as augas do Tea alcanzamos Angoares, chegando a un peto de ánimas que por desgraza atopei baleiro cando fixen o camiño, pero que sen dúbida algunha prometía, así que unha razón para voltar! Tamén un cruceiro con tres ánimas entre as lapas talladas na súa base e unha impresionante igrexa de mediados do século XII con moita historia e moitos canzorros. Adicádelle un tempo que non ten desperdicio, hai algún moi interesante!

