Sobre a desembocadura do río Verdugo atopamos esta ponte que serve de nexo entre Arcade, do concello de Soutomaior, e Ponte Sampaio, do concello de Pontevedra. É transitada non só por peatóns senón tamén por vehículos.
Formada por dez ollos entre os cales se sitúan tallamares de pranta triangular, conta con 144 metros de longo, unha calzada adoquinada e unhas vistas realmente espectaculares miremos cara onde miremos.
Aínda que a ponte está construída sobre unha base románica, sufriu importantes modificacións ao longo da historia, especialmente nos séculos XVI e XVII. Foi testigo da batalla de Ponte Sampaio contra a invasión francesa no ano 1809 na que os franceses foron derribados.
Na Praza de España de Pontevedra atopamos o Monumento aos Heroes de Ponte Sampaio.














