Esta fermosa ponte, lugar de paso deste Camiño de Santiago, atravesa as augas do río Ulla, o terceiro máis longo deste percurso de 240 quilómetros de lonxitude.Esta obra arquitectónica foi de grande importancia no pasado, proporcionando unha comunicación polo interior entre o norte e o sur de Galicia. É esta a razón do seu nome.
Cunha data de construcción incerta, estímase que debe corresponderse co século XVI, aínda que sufriu importantes reconstruccións posteriores. En 1980 foi construída unha ponte paralela quedando esta reservada unicamente para o tránsito peonil.
Conta con seis arcos de sillería apoiados en cinco pilares de pedra con tallamares triangulares augas enriba, e trapezoidais augas abaixo.
A súa beleza e maxestuosidade merece, cando menos, unha paradiña importante no camiño para apreciala como é debido!
Espero que vos guste!

