Ponte de San Xoán de Mourentán. Concello de Arbo

Esta ponte, datada do século XIII e situada sobre as augas do Deva, foi parte do antigo Camiño ou Verea Real que unía Tui, Arbo e Ribadavia. Tamén foi protagonista dunha emboscada no ano 1809 durante a Guerra da Independencia contra os franceses.
Á beira da ponte atopamos o chamado muíño “da Señorita”, que funcionou a modo de enxeño e serradoiro hidráulico alén de coma muíño. E enfronte a este, as ruínas de outro muíño de dúas moas. Unha présa forma unha magnífica praia fluvial na que disfrutar do bo tempo e refrescarse neste enclave único.
Moi próximo tamén ubícase o Coto de Mourentán, no que se atopaba a casa principal e bens dos dominios da encomenda de San Xoán de Mourentán, señorío e xurisdicción propia, que se estende dende tempos medievais ata o século XVIII.
Se nos apetece camiñar un pouco, podemos coller a esta altura o roteiro circular da Cova da Moura, de 9,6km de lonxitude. E se este percurso nos abre o apetito, non deixedes de degustar un prato típico da zona, a lamprea!
Disfrutádeo! 😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *