Ponte do Mouro. Monção. Portugal.

Esta ponte, orixinaria do século XIV aínda que remodelada en 1627, elévase sobre o río Mouro entre as parroquias de Barbeita e Ceivães, sendo un importante punto de interese tanto histórico como arquitectónico e paisaxístico. A día de hoxe, está catalogada coma Ben de Interese Público.
Foi testigo e escenario no ano 1386 do Tratado de Monção, o tratado máis antigo do mundo, froito do histórico encontro entre D. João I e o duque de Lancaster, pretendente ao trono de Castela. Tamén se acordou nesta reunión o matrimonio de D. João I con D. Filipa de Lencastre, filla do duque.
Alén disto, atópase nun antigo camiño que proviña de Braga e pasaba por Arcos de Valdevez dirixíndose cara Valadares, Melgaço, São Gregório e a Serra da Peneda, transitado por arrieiros e peregrinos.
No seu entorno podemos ver a Capela de São Felix, a Casa do Cruzeiro, algúns muíños e a Capela do Santo Cristo. Unhas pasarelas de madeira acompañarannos neste traxecto e, en días de calor, non queda descartado un mergullo na súa praia fluvial.
Non vos defraudará! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *