Hoxe vouvos recomendar esta visita a unha ponte que, no século XVI, supuxo a unión de Almofrei e Mirón a través dun camiño formado por cantos rodados.
Cun só arco duns 10 metros de altura permitiranos apreciar unhas fermosas vistas do río Almofrei, coas súas caídas de auga e as súas pozas naturais.
Enfronte á ponte podemos atopar a unha beira do río un muíño recentemente restaurado, de tipoloxía moi peculiar xa que conta con vivenda na planta alta e dous pisos nos que se distribúen catro rodas de muíños.








