Sobre as augas do río Limia, que compartimos co país veciño, érguese esta maxestuosa ponte medieval con dez arcos de tamaño variable do século XV, sustituta do paso en barca dunha beira a outra do río.
É obrigatorio atravesala a pé, facédeme caso. Conta con dous impresionantes brasóns a ambos lados do centro da ponte, o de Arcos de Valdevez e o de Ponte da Barca.
Imprescindible faise tamén un paseo a beira das augas do río Limia, a través do que chegaremos a unha fermosa praia fluvial. Eu sei de dous que o desfrutaron moito moito! 













