Dende as primeiras veces que visitei Chaves, sempre me sorprendeu esta impresionante ponte que atravesa as augas do río Támega e que formaba parte da antiga vía romana que unía Braga con Astorga. Comezou a construírse no ano 78, en tempos do emperador Flavio Vespasiano, e concluíuse no ano 104 durante o imperio de Trajano. Xa vedes que as cousas non é como comezan senón como rematan
.
Cunha lonxitude duns 140 metros e con nada menos ca 12 arcos á vista dun total de 18, presenta no centro dous marcos conmemorativos, réplicas dos orixinais, que fan referencia a súa construción.
Este é tan só un dos múltiples tesouros que alberga Chaves
.

