A esta vila que é parada obrigatoria para aqueles que peregrinan cara Santiago de Compostela seguindo o camiño francés, non lle falta historia ás súas costas. E é que a pesar de ser declarada Conxunto Histórico Artístico aló polo ano 1946, non puido salvarse das consecuencias que deixou ao seu paso a construción do encoro de Belesar, a finais dos anos 50.
O pobo primitivo quedou somerxido baixo as augas, pero non sen antes trasladar pedra a pedra boa parte do patrimonio monumental co que contaba ao Portomarín que hoxe coñecemos e ubicado en terras máis altas.
Destacan a Igrexa de San Nicolás, cun peculiar aspecto de templo-fortaleza debido as súas orixes, tamén a de San Pedro (ámbalas dúas románicas), así coma os pazos de Berbetoros e o do Marqués de Paredes. Antigamente as parroquias de San Nicolás e San Pedro estaban separadas polo río Miño e unidas por unha ponte romana inicialmente e outra máis nova posteriormente.
Comparto con vós algunhas fotos actuais pero non puiden resistirme a colocar algunhas antigas que conquistaron o meu corazón! Espero que vos gusten! 

