Hoxe quero compartir este sitio con vós. Levoume o meu mellor amigo o ano pasado e hai que ir si ou si unha vez na vida.
Unha vez porque é realmente espectacular, dunha beleza maxestuosa e transmite unha paz e tranquilidade que te transporta a outro mundo. E unha vez tamén porque o camiño estaba tan tan tan cheo de maleza que literalmente cheguei co pantalón desfeito abaixo e as pernas que daba pena velas


. Se alguén coñece outro xeito de chegar, por favor, que me avise.
Hai que camiñar un tramo pequeno de aproximadamente un km e pico para baixar e outro tanto para subir e non hai xeito de chegar en coche ata a mesma.




