Hoxe propóñovos un roteiro con auga e de curta duración e lonxitude, acorde ás elevadas temperaturas que estamos tendo. Pasando o lugar de Olelas, pertencente ao concello de Entrimo, continuamos a estrada ata o seu fin, onde dá comezo o roteiro que nos achega ata o miradoiro das Pozas do Mallón.
Con 1,7 quilómetros de lonxitude ata o mesmo, o perfil predominante deste tramo é de subida, unha subida por veces un pouco complicada pero nada imposible. A volta pode ser levada a cabo polo mesmo camiño ou por outro alternativo un pouco máis longo. Tamén é posible prolongar o traxecto un pouco máis seguindo augas enriba, pero agora mesmo o camiño a partir do miradoiro está un pouco pechado, avisados quedades!
Practicamente ao inicio, poderemos ver unha ponte internacional de madeira que, atravesando o río Castro Laboreiro, nos deixa ao outro lado da fronteira e o cal, por desgraza, se atopa actualmente nun estado moi mellorable. Pero sabedes o que non é mellorable? As impresionantes pozas que se forman durante a caída do río, as súas cristalinas augas e a beleza do bosque que as acompaña.
Non esquezades facer unha paradiña no miradoiro de Olelas, ou á subida ou á baixada pola estrada, para contemplar a fermosa estampa que ofrece a outra beira do encoro de Lindoso e a aldea portuguesa de Varzea. Encantaravos! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia#parquenatural#baixalimia#sendeirismo#trilhos#senderismo#rutas





