PR 12 Trilho dos miradouros. Outeiro. Portugal.

Circular e con pouco máis de 14 quilómetros de lonxitude, este roteiro é en sí mesmo todo un miradoiro! Cos picos da Serra do Gerês de fondo e o encoro de Paradela, durante o noso traxecto poderemos avistar ao lonxe a Capela de São João da Fraga e a aldea de Pitoes das Júnias. Tamén fermosas panorámicas dos pobos de Outeiro e Parada, que coñeceremos máis polo miúdo e nos que poderemos apreciar a beleza da arquitectura tradicional da zona. E por se isto non fose suficiente, tamén visitaremos o foxo do lobo da Portela da Fairra, cunhas dimensións que non nos deixarán indiferentes.
Todo o camiño é unha mestura de paisaxes, con zonas boscosas e outras abertas, despexadas e nas que a rocha é a protagonista. Perfectamente sinalizada e limpa, esta ruta colocouse sen lugar a dúbidas no meu Top 10 de “trilhos em Portugal”. Como “pero”, direi que non é das máis doadas, xa que ten subidas e baixadas constantes, algunhas das cales precisan certa técnica, pero nada que non sei poida facer con paciencia e un calzado adecuado. Encantaravos!!! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *