Este camiño circular duns 12,5 quilómetros de lonxitude parte da aldea de Formigueiro, onde comezaremos un descenso pronunciado, acompañado por diferentes muíños en desuso actualmente, ata atravesar o val e iniciar unha dura subida pola serra da Cabreira cara o miradoiro Nariz do Mundo. Dende ahí dirixirémonos á aldea de Moscoso e novamente ao punto de inicio.
Ao noso paso desfrutaremos de fermosas panorámicas do val, impresionantes fervenzas, pozas que convidan ao baño e pintorescas aldeas. O camiño está en bo estado e perfectamente sinalizado. Iso sí, xa aviso que non é para todos os públicos, tanto polo desnivel co que conta coma polo terreo en sí mesmo. Non a recomendo en absoluto en días de choiva ou fríos.
Desfrutádea! 

