PR 6 Ruta do Contrabando. Tourém

Este roteiro circular duns 11 km de lonxitude parte de Tourém, aldea pertencente ao noso país veciño que fai fronteira co concello de Calvos de Randín.
O sendeiro está ben indicado, limpo e é fácil de camiñar. Altérnanse durante a ruta diferentes paisaxes, dende o seu inicio en Tourém e o seu armonioso conxunto de casas na súa maioría do século XVIII, pasando por Calvos de Randín, discorrendo logo pegada ao río Salas para posteriormente afastarse un pouco até cruzar a ponte por enriba do encoro en dirección ao punto de inicio.
Ten tan só un pequeniño tramo de asfalto ao saír de Calvos de Randín, pouco transitado e con boa visibilidade.
Dende Tourém hai unha gran diversidade de roteiros a realizar e a propia aldea merece unha visita con tranquilidade.
Moi recomendable! 😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *