PR 8. Ruta de Entre Ambos-os-Rios à Ermida. Portugal.

Hoxe achégovos un percurso circular de pouco máis de 17 quilómetros que nos permite desfrutar dos lugares de Entre Ambos-os-Rios, Froufe, Lourido e Ermida. Tamén de variadas paisaxes coma a que nos ofrece a serra Amarela, os desfiladeiros da Ribeira da Cacerelha, con numerosas pozas onde refrescarnos, o miradoiro da Ermida, que nos permite facernos unha idea da parte percorrida e a que nos queda por percorrer, e a ribeira do río Froufe, a cal nos agasalla cunha fermosa poza ao noso paso.
Dicir que esta zona sufriu lumes recentemente dos que aínda non se recuperou. Que todo o camiño excepto un pequeno tramo final carece de sombra, co cal é impensable para os días máis calurosos, que conta con dúas subidas e baixadas pronunciadas, non aptas para calquera, e que a sinalización é deficitaria en varios puntos.
Quédavos o meu track de ruta coma sempre no Wikiloc por se pode servos de axuda. Polo resto, os camiños están limpos e en bo estado, hai tramos coincidentes coa GR50 e coa GR34 e na Ermida tedes unha boa fonte para repoñer existencias.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *