Partindo da aldea de Xertelo e con pouco máis de 10 quilómetros de lonxitude, este roteiro conta con numerosos atractivos ao noso paso. Muíños, levadas de auga, un foxo do lobo de converxencia perfectamente conservado, impresionantes formacións rochosas coma a Surreira do Meio-dia e as idílicas pozas ou lagoas que forma durante o seu descenso o río Cabril.
Este roteiro é circular, pero en días de moita calor ou no caso de persoas con peor condición física, a miña recomendación é facelo lineal xa que é moito máis doado. En caso de facelo circular contaremos cunha subida considerable no camiño de volta e maior dificultade técnica. Iso sí, para compensar veremos unha antiga alvariza e o “Póio das Cabras”, que protexía a estes animais dos ataques dos lobos.
Todo o camiño está ben sinalizado e limpo. Conta con sendeiros por veces estreitos e vertixinosos, avisados quedades. Iso sí, todo esforzo paga a pena ao contemplar as cristalinas augas do río Cabril. Ollo se vos bañades, a pedra é altamente esvaradía! Espero que vos guste!

