PR-G 1. Galiñeiro. Variante PR-G 1.1. Galicia.

Este roteiro circular de pouco máis de 11 quilómetros de lonxitude, alberga durante o seu percorrido as máis variopintas paisaxes que podades imaxinar. As amplas vistas da ría dende a cima do Galiñeiro, a fervenza da Freixa, o ben conservado conxunto etnográfico dos muíños de Zamáns, o encoro e o muíño das maquías (que me roubou a corazón xa na miña primeira visita), son algúns dos seus atractivos.
Os camiños están sinalizados e son bos, aínda que a subida ao alto do Galiñeiro ten un tramo un pouco máis técnico e dunha pendente considerable. Hai auga en algún punto concreto pero que non impide o paso, e ollo se a facedes con sol ou calor que na primeira parte é todo despexado. Se non facedes a variante 1.1 reduciredes un pouco os quilómetros finais sacrificando o conxunto etnográfico de Zamáns.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *