Este roteiro lineal duns 8km de lonxitude, parte de Paradela e remata moi preto de Portomarín, lugar que recomendo visitar en caso de que non o coñezades.
O percorrido levaranos a través da fervenza da Ruxidoira (sen apenas auga agora mesmo), varios muíños, entre os que cabe destacar o da Retorta, as ruínas do mosteiro de Santa María de Loio e a igrexa de Santa María de Loio. Todo isto a través de fermosos bosques autóctonos e variopintos camiños.
Pero, porque sempre hai un pero, teño que dicir que no seu traxecto hai que atravesar dúas pontes, unha delas totalmente caída e a outra nun estado moi perigoso. Agora mesmo o nivel da auga permite pasar o río por abaixo pero non creo que sexa viable esta opción moito máis tempo. É unha mágoa, porque cun pouco de mantemento este roteiro sería idóneo para todos os públicos, xa que carece de dificultade técnica.
Todo o camiño está limpo e, exceptuando a parte inicial que tamén precisa repasar a sinalización, o resto do camiño está perfectamente marcado. Ahí vos deixo unhas fotiños! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #paradela #rioloio #rutadoloio

