PR-G 155. Miradoiro da Terra Chá. Concello de Outeiro de Rei. Galicia.

Este roteiro circular, duns 13 quilómetros de lonxitude, achéganos a lugares coma o muíño de Lousado ou as Penas de Rodas, tras as que se agochan diferentes lendas e historias e onde se celebra unha concorrida romería no mes de agosto. Tamén a aldeas coma Susavila, Feira ou Francos, onde destaca a súa igrexa románica, e como non, ao Mirador de Paraños, lugar que nos ofrece unha ampla panorámica na que se inclúe parte da Terra Chá, Outeiro de Rei, Rábade e até Lugo.
Todo isto a través das máis variadas forestas, prados de sega e multitude de penedos. O camiño está en perfecto estado, a sinalización é excelente, excepto nun par de zonas moi concretas, e conta con paneis informativos que explican os principais puntos de interese.
O único pero que lle atopo é que hai cans soltos en dous sitios. Os primeiros que atopei (dous), non son sociables pero tampouco fan mal. Os seguintes (que xa eran tres) pertencen a unha casa do pobo pero están ceibos. Por prudencia, decidín facer un pequeniño desvío para evitar problemas innecesarios, así que quédavos o meu track no wikiloc con esta modificación por se vos animades! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *