PR-G 165. Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e do Deva. Galicia.

Este roteiro circular duns 18 quilómetros de lonxitude, permite a execución de catro variantes que amplían o percorrido ata os máis de 33 quilómetros. Nesta ocasión vouvos falar unicamente do básico, que decorre por máxicas fragas, un fermoso bosque de sobreiras e camiños cheos de historia.
Serán os nosos acompañantes os ríos Calvo, Oulo e Deva, que nos ofrecerán espectaculares caídas de auga, pozas, fervenzas, rápidos, poldras, levadas e muíños; alén de belas e amplas panorámicas de media montaña noutros tramos do roteiro. Pero non todo vai ser natureza, xa que tamén atoparemos ao noso paso pazos, antigas casas señoriais, igrexas, curiosos petos de ánimas e canastros.
Non vou dicir que sexa unha ruta doada, pero sí que paga a pena o esforzo. Recomendaríavos evitar épocas de choiva ou moita humidade xa que hai partes un tanto esvaradías. O camiño está limpo e ben sinalizado. Agora a desfrutalo! 💪💪💪

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *