Este roteiro lineal duns 12 quilómetros escasos, levaranos dende A Peroxa ata Os Peares a través de dúas partes ben diferentes. A primeira metade da ruta é principalmente en baixada, a través dunha frondosa foresta e coas augas do regato Rial como compañeiras de ruta. Tamén coñeceremos o castelo da Peroxa, o mellor exemplo do patrimonio medieval do concello e un dos poucos que conseguiron salvarse durante a Revolta Irmandiña. Como curiosidade, direivos que unha parte da pedra da torre da homenaxe foi empregada para a construción da igrexa da Peroxa.
A segunda parte deste camiño decorre pola beira do río Miño, sen desnivel nin dificultade algunha, ofrecéndonos fermosos reflexos da vexetación sobre as augas do Miño e interesantes panorámicas dos cultivos en socalcos da outra beira.
Perfectamente sinalizada e limpa, require especial atención nalgún tramo da primeira parte en épocas de choiva, xa que pode resultar especialmente esvaradío. Se a levamos a cabo de xeito lineal, 10 quilómetros pola estrada separan o inicio do fin. E se queredes facer a volta a pé, como consello, recoméndovos comezar ao revés para afrontar a subida cando aínda vaiades fortes!
Encantaravos! ❤️
#decaboarabo #galicia #galiza #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #ribeirasacra #riomiño #miño #ourense

