Direitiña para o ranking, e é que este roteiro agocha numerosas xoias paisaxísticas, históricas e etnográficas. O mosteiro de Santa María de Mezonzo, o hórreo de Vilaboa, o batán de Mezonzo, numerosos muíños e unha fermosa caída de auga son soamente algúns dos seus atractivos. E todo isto da man dunha floresta autóctona do máis engaiolante!
Lineal e cunha lonxitude ida e volta un 18 quilómetros, conta con camiños en bo estado e unha perfecta sinalización. Tamén con espazos habilitados para descansar e repoñer forzas.
Non vos decepcionará! 

