Este roteiro duns 14 quilómetros escasos de lonxitude, parte da aldea de Bembibre, pertencente a Val do Dubra. Pese a ser circular, conta con tres pequenos tramos lineais no seu percorrido, o cal nos leva por mestas carballeiras e pintorescos sendeiros. Tamén nos achega ás augas do río Dubra, á ermida de San Xoán, a nosa arquitectura tradicional presente na aldea de Gontar e á maxestuosa fervenza do Rexedoiro.
Como curiosidade, direivos que o río Dubra ten un percorrido de tan só 15 quilómetros e que atravesa o municipio de Val do Dubra de norte a sur recollendo augas dos seus afluentes para desembocar no río Tambre. Un deses afluentes, o rego do Porto ou de Portonabo, é o que da lugar a este espectacular salto de auga duns dez metros de altura.
Aínda que o perfil do roteiro non é complicado, conta con pequenas subidas e baixadas alternas case no seu total. Está limpo maioritariamente, aínda que un repasiño non viría mal nalgunhas zonas. E o que sí precisa é remarcar a sinalización, que se ve que no seu día foi boa, pero que está tapada pola vexetación nalgúns puntos e practicamente borrada noutros. Case todo o camiño é sombrío co cal é ideal para días calorosos.
Espero que vos guste! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #fervenza #fervenzasdegalicia #cascadas #cascatas #concellovaldodubra #ValdoDubra #fervenzadorexedoiro

