PR-G 234. Ruta dos Pazos e Ponte Taboada.

Este roteiro lineal dunha lonxitude aproximada de 15 quilómetros, parte da vila de Lalín, á altura do paseo do río Pontiñas, e remata en Ponte Taboada. Neste traxecto descubriremos os pazos de Bendoiro, adicado á hostelaría actualmente, o de Eirixe e o de Liñares, que alberga no seu interior un fascinante museo do xoguete do cal xa vos falei en ocasións anteriores.
Pero non só de pazos vai o camiño, senón que tamén nos levará polas igrexas de Santa Baia de Donsión e a de San Martiño de Prado, polo muíño do Escribano e polo Castro de Bendoiro. Todo isto a través de frondosos bosques autóctonos e compartindo varios tramos co Camiño de Santiago.
E como punto final deste roteiro, a Ponte de Taboada, construída sobre unha anterior de táboas no ano 912, tal como reza na inscripción latina gravada nunha rocha próxima á mesma.
Todo o camiño está perfectamente sinalizado e limpo, carece de importantes desniveis e dificultade técnica algunha e ofrece sombra de xeito case continuado. Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *