Fai unha tempada que comecei a falarvos do meu Top 10 de rutas. Pois ben, está ten que estar nel sí ou sí. A ver se mo igualades… Muíños, batáns, fermosas caídas de auga, aldeas cun valioso patrimonio etnográfico e curiosas peculiaridades
.
Neste roteiro vin por primeira vez antigas abellarizas que, para os que non o saibades, son construcións tradicionais formadas por nichos que se abren na parede de pedra, a modo de lacenas, onde as abellas producen mel e cera. Non hai moitos exemplos en Galicia deste tipo de estruturas. Tamén descubrín unha aldea na que a súa ubicación lle custa horas de sol con respecto ás parroquias veciñas!
Circular e con pouco máis de 10 quilómetros de lonxitude, todo o camiño está perfectamente limpo e sinalizado e carece de dificultade técnica. Como vedes, son todo pros! Animádevos!

