Este roteiro circular de pouco máis de 10 quilómetros de lonxitude, ten como protagonista indiscutible a auga, tal e como o seu nome indica.
Auga que abastecía diferentes muíños, algúns en mellor estado de conservación que outros, e ata dous batáns. Tamén descubriremos as espectaculares fervenzas de Budián, Parga e Rabiñoso, así coma as aldeas de Budián e Parga, as cales non teñen desperdicio algún.
Na de Parga aínda se pode apreciar a antiga e
cola rural e unhas abellarizas (construcións tradicionais formadas por nichos que se abren na parede de pedra a modo de lacenas onde as abellas producen mel e cera). Como curiosidade, dicir tamén que nesta aldea, debido a súa ubicación entre o Monte Pión e o Bico de Meda, contan con dúas horas menos de sol ao día do que as outras parroquias veciñas.
Todo o roteiro está perfectamente sinalizado e limpo, carece de dificultade técnica algunha e conta con pouco desnivel. A maior parte do mesmo transcorre por zona sombría e case non ten con tramos asfaltados.
Encantaravos! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #zas #rutadaaugadezas #fervenza #cascadas
s




