PR-G 267 Sendeiro do río Uma. Concello de Ponteareas. Galicia.

Aquí vos achego esta proposta ideal para días calurosos, xa que conta con sombra ao longo de todo o seu percorrido, carece de dificultade algunha e teredes multitude de sitios onde refrescarvos ao longo das augas do Uma. Este roteiro circular cuns 14 quilómetros escasos de lonxitude, permite ser dividido en tres tramos en caso de non querer camiñar tanto; un tramo inicial que vai dende o río Tea ata a ponte do Cabalón duns 4,5 quilómetros, un intermedio dende a ponte do Cabalón ata o escampado Fontenla de 2,8 quilómetros e un tramo final dende o escampado Fontenla ata a Ponte Alta de 5,6 quilómetros. Todos eles son circulares tamén. Isto fai que sexa un sendeiro ideal para facer con nenos ou compañeiros peludos!
O camiño está en perfecto estado, é do máis agradable e aínda que a sinalización é mellorable en algún punto concreto, non ten perda xa que decorre na súa totalidade a unha e a outra beira do río Uma. Así e todo, podedes consultar o meu track coma sempre no Wikiloc. Xa me contaredes que vos parece!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *