Escoller un roteiro na Ribeira Sacra non é tarefa doada, pero este que vos presento é sen dúbida un dos meus favoritos. O camiño en sí ten unha lonxitude maior do que a versión que vos propoño aquí, superando os 18 quilómetros, e un grao de dificultade considerable. Nesta proposta, máis apta para calquera cunha mínima forma física, pasaremos polo que resta dun antigo foxo do lobo, desfrutaremos das maravillosas vistas dende os miradoiros do curral do penso, dos balcóns de Madrid e o da Mirada Máxica.
Coñeceremos fermosas aldeas como Parada de Sil ou Fondo de Vila, así coma a xa deshabitada de Chamoso. E como guinda do pastel o Mosteiro de Santa Cristina, que merece unha entrada propia nesta páxina. Todo isto a través de pouco máis de trece quilómetros de lonxitude que nos levan a través de fermosos soutos de castiñeiros, densos bosques de carballos e camiños do máis variopintos.
Aínda que conta con subidas e baixadas, non son demasiado prolongadas e prometo que a beleza do que vos rodea vos manterá máis que entretidos. A visita ao mosteiro é totalmente obrigatoria e ten un custo de dous euros. E ao voso remate, podedes repoñer forzas en Parada de Sil, que conta con cafeterías e restaurantes e é punto de inicio e fin desta ruta.
Podedes atopar o track do roteiro no Wikiloc e tamén no Sports Tracker no perfil de Galiza de Cabo a Rabo. Espero que vos guste! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #RibeiraSacra #paradadesil #santacristina #mosteiros

