PR1 Roteiro de Corno do Bico. Paredes de Coura. Portugal

Este percorrido circular de tan só uns 10 quilómetros de lonxitude, pasou a formar parte sen lugar a dúbidas, do meu listado de rutas favoritas. É inmensa a diversidade de paisaxes, camiños e vexetación que ao noso paso imos desfrutar. Campos agrícolas, fermosas panorámicas do territorio circundante, bosques caducifolios e ata unha turbeira, o Lameiro das Cebolas, serán os nosos compañeiros. Tamén un impresionante miradoiro cunha área de merendas, unha mesta carballeira e un posto vixía.
O traxecto comeza e remata no lugar de Túmio e está perfectamente sinalizado. O último tramo coincide co PR2- Trilho Alto dos Morrões, duns 4,5 quilómetros e que se podería facer como ampliación do de Corno do Bico. No meu caso concreto, a climatoloxía impediume ampliar o percorrido así que voltarei!
Os camiños son bos e están limpos, e se tedes sorte coma foi o meu caso hoxe, unha linda cadeliña faravos de guía! O primeiro tramo é maioritariamente de subida e o último de baixada, pero é unha pendente asumible e sen grande dificultade técnica.
Encantaravos! ❤️🐕

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *