Este roteiro circular, duns 7 quilómetros de lonxitude e ubicado na freguesía de Covide, mestura á perfección historia e paisaxe. A través do mesmo, visitaremos o lugar no que moito tempo atrás existiu un poboado fortificado da Idade do Ferro, posteriormente ocupado polos romanos, e do que a día de hoxe tan só quedan impresionantes formacións rochosas.
Que a súa curta lonxitude non vos leve a enganos, é unha ruta complexa, de alta dificultade e cun desnivel importante (se a subida á mala a baixada aínda é peor!). Iso sí, con paciencia e coidado, todo esforzo será máis que recompensado polas fermosas panorámicas que desfrutaremos ao noso paso e por toda a historia coa que conta a parte máis alta. O camiño está perfectamente sinalizado e bastante limpo, aínda que hai algunha silva e toxo que se animan a visitar ao camiñante puntualmente. Saudade e non enrededes con eles! 
Espero que vos guste! 

