Este é, sen dúbida algunha, outra xoia digna de entrar no meu Top 10 de rutas favoritas. As razóns? As fermosas aldeas polas que pasa e nas que podemos apreciar a arquitectura tradicional da zona, amplas panorámicas da serra de São Macário, camiños igual de fermosos que de difíciles (isto xa é persoal, a dificultade non é un plus para todo o mundo, pero xa dende ben cativa lembro a meu avó dicirme que a cabra sempre tira ao monte e… basta con ver o nome da ruta!). E como non, polas lendas que xiran en torno a este roteiro e que podedes ver na publicación adicada ao mesmo anteriormente.
Circular e con pouco máis de 13 quilómetros de lonxitude, está perfectamente sinalizada e en bo estado. Doada non é pero paga mooooooito a pena!

