Este é, sen dúbida algunha, outra xoia digna de entrar no meu Top 10 de rutas favoritas que levo sobre as pernas. E non só polas impresionantes panorámicas da serra de São Macário, polos variopintos camiños ou polas fermosas aldeas de Pena, Covas do Monte e Covas do Rio, as cales nos da a coñecer.
Senón tamén pola dificultade técnica que require, xa que conta con pendentes pronunciadas que engaden un plus ao camiño para aqueles que somos coma cabras. E falando de cabras… tamén polas lendas que xiran en torno a este percorrido, tamén coñecido coma o do morto que matou o vivo, o da cabra que matou ao lobo ou o da cobra da Pena.
No caso do morto que matou ao vivo, dise que nunha ocasión, baixando un morto cara Covas do Rio, xa que Pena non contaba con cemiterio propio, un dos homes que cargaba a caixa morreu a causa desta ao escorregar no camiño. En canto a cabra, seica escapando do lobo pendente arriba, caeu sobre o lobo e matouno. E a serpe… se a vedes botádelle algo de comer antes de que sexa demasiado tarde! 
Espero que vos guste!

