A Costa da Morte, coñecida deste xeito debido aos centos de naufraxios que tiveron lugar nas súas augas, conta con praias inmensas e outras máis pequenas, impoñentes acantilados, fortes correntes e augas rebeldes. Aquí, quen manda é o mar, o que queda máis que claro co Cemiterio dos Ingleses e coa morea de santuarios nela espallados.
Fermosos pobos mariñeiros con moitas historias para contar, grandes hórreos, faros impoñentes e rías que se abren camiño na terra. Fin do mundo para os romanos, lugar de culto e veneración para os celtas, o que queda máis que claro é que se trata dunha zona especial.
Son moitos os atractivos que fan da Costa da Morte un lugar máxico, digno de ser visitado en calquera época do ano, aínda que sempre con precaución.
Como dato curioso, direivos que non foi un galego o que lle deu o alcume da Costa da Morte a este tramo, senón a escritora inglesa Annette M. B. Meakin que, a finais do século XIX, fixo referencia a ela como a “Coast of Death”. Especializada en libros de viaxes, é autora tamén de “Galicia, The Switzerland of Spain”, do ano 1909.
Hoxe déixovos algunhas aquí das súas praias. Dicir que foi unha difícil selección! A ubicación está presente en cada fotografía.
Espero que vos gusten! 














