PR6- Ruta do Contrabando. Tourém. Portugal
O outro día falábavos deste roteiro que percorre unha parte de Randín, unha fermosa aldea da raia que non vos pasará desapercibida. E é que a parroquia de San Xoán de Randín conformouse na Idade Media como concello con couto propio, coas aldeas anexas de Paradela, Vilar, Vilariño e a da Pena, actualmente desaparecida e ubicada próxima aos restos do castelo da Picoña, outro lugar do que falaremos máis adiante tamén.
Percorrendo as rúas de Randín, podemos ser conscientes de que tivo que ser un lugar de certa importancia no pasado, xa que ata contaba con unha torre, desaparecida hoxe en día, dende onde se exercía o poder señorial. Esta vila medieval erixíase como praza principal do val do Salas e foi un dos territorios que causou disputas entre os Condes de Lemos e os de Monterrei entre os séculos XIV e XVI.
Como vedes, é un deses lugares que paga a pena visitar, ben sexa a través do roteiro ou en coche. Espero que vos gusten as fotos! 

