Con unha historia que se remonta a preto de cinco séculos atrás, ten lugar nestas terras unha vez ao ano esta Festa declarada de Interese Turístico Nacional en 1964 e Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2007.
Na primeira fin de semana de xullo, neste caso do venres ata o día de hoxe, veciñanza e visitantes xuntan as bestas dos montes da comarca para baixalas á aldea, onde serán rapadas no curro polos “aloitadores”, os cales mediante a súa propia forza xunto coa técnica adecuada, inmovilizan ao animal para cortarlle a crina e desparasitalo. Antes deste proceso, nenos e adolescentes acompañados de adultos, serán os encargados de separar os poldros para que non sufran durante a rapa, iniciándose así nesta tradición.
E como curiosidade, direivos que conta a lenda que esta festa ten a súa orixe nunha gran peste que devastou a comarca, levando a dúas irmáns a ofrecer dúas bestas a San Lourenzo a cambio da súa protección. Pasado o mal e cumprindo a súa promesa, estas doaron ao párroco as dúas eguas que se multiplicarían nos montes próximos.
Se queredes saber máis, podedes facelo na páxina web: https://rapadasbestas.gal/
Ahí vos deixo unhas fotiños!

