Dende a primeira vez que puxen un pé aquí, quedei namorada deste lugar que hoxe vou compartir con vós
.
Para nós, é o lugar perfecto para un xantar ou unha merenda ao aire libre e, como non, para un bo paseíño despois. Co murmurio do río Anllóns de fondo e no medio dun mesto bosque, atopamos un conxunto de fermosos muíños comunicados entre sí por pintorescos sendeiros, pasos de pedra e pontes de madeira. De feito, o seu nome provén de un muíño que servía como refuxio aos pescadores.
Conta con varias mesas con bancos onde descansar, repoñer forzas, ler ou simplemente deleitarse coa paisaxe e o son da natureza. Á beira do río hai camiño tanto nunha coma noutra dirección e diferentes roteiros que se poden levar a cabo. É unha zona sombría así que ideal para días calurosos e tamén para a compañía canina
.
Espero que vos guste! 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #coristanco #refuxiodeverdes #refugiodeverdes

