Reloxos de sol curiosos 🤔🧐

Hoxe déixovos con estes reloxos de sol que, ben pola súa morfoloxía ou cantidade, me chamaron especialmente a atención. Obviamente hai moitos, moitos máis e, alén destes, tamén hai outros ben curiosos.
O primeiro dos que comparto está ubicado na Igrexa de San Salvador de Vilaza, xusto enriba da porta de entrada. A igrexa en xeral é digna dunha visitiña!
O segundo forma parte da fachada dunha propiedade privada ubicada no concello da Lama e datada de finais do século XIX. Conta cunha lenda curiosa as súas costas.
O terceiro, tamén nunha casa privada, pódese apreciar dende a OU-320 ao seu paso por Mesón de Calvos, no concello de Taboadela.
O cuarto está ubicado en Melón, xusto na nacional N-120 que atravesa o pobo.
O quinto conta coa peculiaridade de situarse sobre un cruceiro no lugar de Baio Grande, no concello de Zas, aínda que non é o único galego que pode gabarse disto.
E o sexto… a ver, un reloxo sempre fai un apaño, dous xa me parecen excesivos, pero tres 🙉🙉🙉. Esta xente vivía escrava do tempo 🤣🤣🤣. Están no claustro do mosteiro de Poio.
As fotografías restantes correspóndense co lugar onde se atopan os mesmos.
Espero que vos gusten e anímovos a que compartades algún que vos chamase a atención ou subades algunha fotiño 🥰.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *