Reloxos de sol do Museo Provincial de Lugo. Galicia.

No Museo Provincial de Lugo podedes desfrutar unha impresionante colección de nada menos que 42 reloxos de sol, sendo os máis antigos do século XVII.
De granito, mármore ou lousa; con formas rectangulares, antropomorfas, círculares, semicirculares, cúbicos ou de fantasía; abundan os verticais ortomeridianos (sempre orientados ao Sur), aínda que tamén conta con algúns meridiáns, canónicos e até un horizontal de lousa.
Ahí vos quedan unhas fotiños dalgúns deles e do claustro no que se atopan. A entrada ao museo é gratuíta e conta con persoal atento e con amplos coñecementos.
Non vos decepcionará! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *