Os meus parabéns á vila de Ribadavia pola súa máis que merecida victoria no concurso Ferrero Rocher!
Pero non é segredo ningún que este lugar xa brilla dende sempre con luz propia. Cargadiño de historia e patrimonio cultural, arquitectónico e etnográfico, non hai un só recuncho que non teña algo que ofrecer. Conta coas ruínas dun impresionante castelo, o Palacio dos Condes e tamén un barrio xudeu. Por non falar das súas xentes, que te acollen con agarimo e sempre teñen algunha curiosidade da zona para compartir co visitante.
Tamén ten un museo etnolóxico no que podemos procurar máis información sobre a forma de vida dos galegos e as súas tradicións.
E no que se refire a vistas, quedaremos enfeitizados coas fermosas panorámicas tanto do río Avia coma da vila en sí dende a Igrexa de San Antón. Seguindo as augas deste río chegaredes á praia fluvial de A Veronza, lugar onde se respira paz e tranquilidade e o río forma unha pequena pero bonita caída de auga.
Como vedes, non hai excusas para non adicarlle un tempiño! 
























